Saturday 16 de November de 2024

Touro vive o seu XVI Festival de Bandas


Centos de veciños e visitantes disfrutaron onte domingo en Fonte Díaz da música interpretada polas bandas de múica das Pontes, Rianxo e Touro

Os veciños de Touro e os visitantes que se achegan no verán ata o Concello viviron e disfrutaron onte pola tarde da música do seu XVI Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo Concello de Touro. A cita musical é xa unha tradición en Touro nestas datas de finais de xullo. A tarde de verán, ainda que un pouquiño nublada e con orballo, estivo amenizada pola fermosa música interpretada polas bandas en Fonte Díaz, capital de Concello de Touro. Numeroso público acudiu ao concerto das tres bandas. Pasadas ás cinco e media da tarde comenzou o festival.

Centos de veciños e forasteiros acudiron ao Campo da Festa, onde se instalou o palco e unha carpa. Abriu o festival a Banda de Música Cultural e Recreativa das Pontes, baixo a batuta de José Lodeiro Gesto. Os músicos interpretaron os siguientes temas: Fina Blasco, Obertura Poeta y aldeano, Mont Serrat, La boda de Luis Alfonso y Olé Contrabandistes. Lle seguiu a Banda Escola de Música de Rianxo, que dirixiu Rafael Collazo. E interpretou os temas: Andrés Contrabandistas, La Torre del Oro, Ireland, of Legend and Lore e High Lights from Muscail. O festival pechouno a Banda de Música Isabel II de Touro, con Ramón López Couso, o seu director, ao frente. O repertorio interpretado: El último brindis, O bosque animado, Ros Roy e Namoriqueira. As tres bandas colleitaron os aplausos do numeroso público, que disfrutó de una tarde de música y de verán na que tamén colaboran a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música. O Festival de Bandas do Concello de Touro voltará outra vez no verán do 2019.