A Xunta informou que os núcleos de Pontigo, Altamira, Anceis, Seoane, Meixigo, Aian e Campóns serán os beneficiarios de esta actuación nesta fase
O Concello de Cambre informa que a empresa Telefónica, como beneficiaria dunha subvención da Xunta de Galicia de 14 millóns de euros está a despregar redes de 100 megas en núcleos rurais de menos de 150 habitantes o que facilitará o acceso a internet de alta velocidade en zonas que carecen desta cobertura e de previsión de dispoñer dela. En Cambre beneficiaranse os seguintes núcleos: Pontigo, Altamira, Anceis, Seoane, Meixigo, Aian e Campóns.
Con esta medida a Administración autonómica tenta actuar nos núcleos máis pequenos con fondos FEADER, mentres que o Estado focalizará os seus esforzos en cubrir as entidades de maior tamaño coas convocatorias que licite nos vindeiros anos no marco do Programa Nacional de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA).
As redes coas que se dote ás entidades de poboación deberán proporcionar servizos de cando menos 100 megas de baixada e 20 de subida, non establecer limitacións de descargas e permitir a realización de comunicacións de voz e vídeo en tempo real.