A Xunta colabora na financiación da adquisición de equipamentos destinados á mellora da operatividade dos portos pesqueiros relacionados coa descarga de pesca e co movementos de cargas dentro do porto
O Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, informou en declaracións a unha emisora de radio, das axudas de 2018 para proxectos que contemplen a modernización de infraestruturas nos portos, lugares de desembarque e lonxas. Concretamente na comarca de Costa da Morte se beneficiaranse desta convocatoria 3 portos que recibirán una inversión total de máis de 155.950 euros.
Estas achegas supoñen un investimento en toda Galicia de máis de 850.000 euros e o seu obxectivo é mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais que desenvolven a súa actividade nestes espazos.
Deste xeito, a Xunta colabora na financiación da adquisición de equipamentos destinados á mellora da operatividade dos portos pesqueiros relacionados coa descarga de pesca e co movementos de cargas dentro do porto.
Concretamente, financiaranse dous guindastres eléctricos, 23 carretillas elevadoras eléctricas, catro transpaletas eléctricas e 34 manuais e seis empilladores eléctricos. O equipamento é para 25 confrarías de pescadores de Galicia, 13 delas da provincia da Coruña.
As axudas enmárcanse no Programa de Equipamentos nos Portos Pesqueiros de Galicia, que inclúe aquelas intervencións precisas para dotar ou mellorar as instalacións que prestan servizos ás embarcacións, mariñeiros/as e mariscadores/as.
Convócanse atendendo ás demandas e necesidades do propio sector e tendo en conta que os portos e lonxas deben permitir a realización das operacións de pesca e primeira venda dos produtos con criterios de seguridade.
Confradía Proxecto Importe Concedido
Corcubión Modernización dos Equipos para mellorar as condicións de traballo e seguridade 54.600
Camariñas Modernización na descarga de produtos pesqueiros 72.400
Laxe Proxecto modernización equipamentos lonxa Laxe 28.950
TOTAL 155.950