Friday 22 de November de 2024

Arranca o programa cultural estival de Ordes


Do 1 ao 17 de agosto ‘Unha viaxe pola cultura’ traerá de xeito gratuíto clown, música, teatro, aéreos, espectáculos para bebés, pallasos, monicreques, maxia, folclore e moito máis

O Departamento de Cultura do Concello de Ordes xa ten listo o seu programa ‘Unha viaxe pola cultura’. Dirixida a un público familiar engloba unha amplísima variedade de espectáculos e actividades para desfrutar gratuitamente as tardes do 1 ao 17 de agosto. A alameda de Ordes será o escenario principal para a maioría das citas, que darán comezo a partir das 20 horas, e que en caso de chuvia trasladaranse ao auditorio da Casa da Cultura.

‘Unha viaxe pola cultura’ conta coa colaboración da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), Galicia o bo camiño, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Gadis.
CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

1 agosto. Clown. ‘Ritmo Refugallo’.
2 agosto. Maxia. ‘Kenneth Illusionist’.
3 agosto, ás 17 horas, no Campo da Feira, ‘Día do Neno e da Nena’. (Se chove no pavillón Campomaior).
4 agosto. Día das bandas.
5 agosto. Encontro folclórico.
6 agosto, no local social da rúa Reconciliación, espectáculo para bebés. ‘A Alfombra Máxica’. As prazas son limitadas polo que deberán reservarse no Departamento de Cultura.
7 agosto. Espectáculo de aéreos. ‘Risco Chosco Riscando o Ceo’.
8 agosto. Monicreques. ‘As mil e unha noites’.
9 agosto. Concerto en familia. ‘A Gramola Gominola. Cancións para desafinar’.
10 agosto. Aéreos. ‘Desastronauts Circo Expreso: Máis alto aínda’
11 agosto. Pallasos e humor. ‘Pallaso Popín’.
12 agosto. Teatro, monicreques e maxia. ‘Xan Perillán compra queixo compra pan’.
13 agosto. Boleros. ‘Son Boleros Cuarteto: Homenaxe á música latina’.

Festas patronais
Dende o 14 ata o 17 de agosto Ordes celebrará as súas festas patronais na honra a Santa María. O primeiro día terá lugar o II Festival Sons de Ordes con Dani Royo e Heredeiros da Crus. O día grande das festas, o mércores 15, haberá misa solemne e procesión (12 horas) seguida das actuacións dos gaiteiros e cabezudos da Asociación Cultural Espadana Tradicional, da Banda Escola de Musica de Rianxo, e das orquestras Principal e Palladium. O xoves 16 terá lugar o Día do Emigrante, con misa e ofrenda floral ante o monumento dedicado á diáspora galega (13 horas), ademais da actuación do grupo Acirema e do III Festival Folk con A Roda e Leilía. As orquestras Ceniza e Olympus porán o broche final ás festas o venres día 17.