Onte aprobouse no pleno a obra de mellora doutro parque da Barcala no que se cambiará o chan por un de caucho e novas raandeiras
O Concello de Cambre rematou as obras de ampliación e reforma do parque infantil oeste da Barcala polo que a instalación infantil abrirase esta mesama tarde o público. Lembramos ademais que onte aprobouse no pleno a obra de mellora doutro parque da Barcala no que se cambiará o chan por un de caucho e novas raandeiras.
Os traballos comezaron no mes de maio e o mal tempo e á demora na entrega dos novos xogos fixo que se alongase o prazo de actuación. O custo da reforma do parque foi de 71.000 euros e o proxecto está incluído dentro do POS+ 2017 da Deputación.
O parque pasa agora dos 330 aos 535 metros cadrados de superficie. Instalouse pavimento de caucho de diferentes cores, tobogáns un rocódromo, variss randeeiras adapatadas, un labirinto e un carrusel, entre outras estruturas.
O deseño permitirá diferenciar unha zona para nenos maiores e outra para pequenos, cunha capacidade para 48 usuarios de forma simultánea.
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, visitou hoxe o peche das obras, ainda que sinalou que aínda teñen que acondiconar as zonas verdes anexas ao parque. “Para non ter que esperar á acondicionamento da zona verde abrimos o parque infantil esta mesma tarde para que os nenos e nenas que quieran podan gozar cos seus novos xogos”.
García Patiño lembra que foi unha das propostas dos ornamentos participativos da campaña Decidámolo Xuntos. “Esta obra a pediron os veciños son eles os que deciden é unha forma diferente de facer as cousas”.