Thursday 21 de November de 2024

Trinta e cinco nenos e nenas participan no campamento de verán do Concello de Frades


Con xogos, obradoiros didácticos e actividades deportivas

Trinta e cinco nenos e nenas están participando no campamento de verán do Concello de Frades, que se desenvolve deste principios do mes de xullo ata o vindeiro 10 de agosto en horario matinal.

Os nenos e nenas, maiores de catro anos, desenvolven xogos, obradoiros didácticos, actividades de cociña e xardinería, contacontos, xogos en inglés ou experimentos de ciencia, así como iniciativas deportivas como sendeirismo ou sesións de piscina.

Os campamentos, que se organizaron en quendas quincenais coa posibilidade de anotarse por partes ou na programación completa, contan con monitoras especialistas da empresa Vagalume Ocio e Tempo Libre. Con esta proposta, o Concello de Frades contribúe á conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares do verán.