O Concello de Boqueixón está acometer a limpeza de colectores de lixo de residuos orgánicos e de envases lixeiros. Estes labores, acometidos pola brigada de obras municipal, estanse a realizar nas 14 parroquias do municipio. As tarefas comezaron a pasada semana e rematarán a finais desta.
“Contamos con arredor de colectores verdes e amarelos no concello. Esta limpeza serve para mantelos a punto e garantir que non se produzan cheiros, especialmente coas altas temperaturas do verán”, explica o alcalde.