Tal e como estaba previsto, o Concello de Riveira informa de que acaban de instaladas as reixas en todos os andares do mercado municipal para mellorar a súa seguridade.
En total foron sete as reixas instaladas. Os traballos foron efectuados por Digar de Artes por un importe de 14.998,85 euros, IVE incluído.
Cómpre lembrar que tamén están sendo levadas a cabo outras obras destinadas á mellora desta infraestrutura, tales como a instalación de falso teito no soto, colocación de zócalos protectores, enlucido con morteiro de pilares de formigón situados na planta baixa, limpeza de paramentos, instalación dunha porta corredeira no acceso aos aseos da planta baixa ou a instalación dun sistema de aire acondicionado neste mesmo andar, entre outras moitas accións.