O goberno local levará a pleno do vndeiro xoves 26 de xullo varias actuacións con fondos municipais e cunha achega provincial para varios proxectos de accesibilidade.
Redactáronse os proxectos financiados con fondos propios e unha achega provincial denominados Reforma adecuación beirarrúas na rúab Antón Fraguas, O Temple 23.876,12 € 5.969,03€ 29.845,15€ Reordenación entorno rúas Polígono e Francisco Añón 59.101,26€ 14.775,31€ 73.876,57€ Mellora do parque infantil Este de A Barcala 17.904,42€ 4.476,10€ 22.380,52 €
O proxecto “Reforma adecuación beirarrúas na rúa Antón Fraguas, O Temple” cun orzamento total de 29.845,15€ plantexa una remodelación da beirarrúa en Antón Fraguas corrixindo o fundimento e as discontinuidades existentes, así como unha rede de pluviais que garantice a correcta evacuación das augas da choiva. Contempla así mesmo outra actuación na praza José Luís Caso Cortines, que conta cun espacio libre dividido en dúas zonas a diferentes alturas e conectadas mediante rampas e escaleiras, centrándose a actuación an zona inferior e nos puntos de acceso desde unha zona á outra. Proponse actuar en ditos puntos e mellorar a accesibilidade na zona, demolendo as escaleiras e rampa e construindo unhas escaleiras retranqueadas da beirarrúa. Finalmente, o proxecto pretende, na travesía da Igrexa, a construción dunha beirarúa na superficie liberada da construción que actualmente a invade, conseguindo así unha continuidade no itinerario peonil.
Por outra banda, o proxecto “Reordenación entorno rúas Polígono e Francisco Añón”, cun orzamento total de 73.876,57€, plantexa actuar na zona que existe ao carón da nave, que está elevada con respecto á calzada actualmente sen uso, que se integrará na sección da rúa, permitindo aumentar a propia sección, mellorando a seguridade e accesibilidade da mesma.
Documento asinado electronicamente. Pode comprobarse a súa autenticidade introducindo o CVD (código de validación) que figura á marxe do
Finalmente co proxecto denominado “Mellora do parque infantil Este de A Barcala” cun orzamento total de 22.380,52 €, tentará mellorar coa restauración de todos os elementos de xogo e mobiliario e co cambio do solo de seguridade mediante pavimento de caucho de diferentes debuxos e cores en toda a súa extensión, restaurándose tamén o areneiro formado por maderos, dándolle un tratamento con barniz tipo lasur ou similar.