Sunday 24 de November de 2024

Trangalleiro Teatro representa en Brión “Entre mulleres e homes”


O centro social polivalente de Brión acollerá mañá sábado 29 de novembro, ás 19:00 horas, a representación de “Entre mulleres e homes”, a cargo da companía de teatro afeccionado brionesa Trangalleiro Teatro. Trátase dunha selección de escenas sobre o maltrato, a desigualdade, o machismo… coas que Trangalleiro Teatro tratará de facer reflexionar ao público sobre a violencia de xénero. A entrada é libre e totalmente de balde.

Con esta actuación, o Concello de Brión pechará os actos conmemorativos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que tamén incluíron unha primeira sesión teatral a cargo de Ghazafelhos dirixida a douscentos nenos e nenas do municipio.