Friday 22 de November de 2024

Frades, penúltima parada da xincana lingüística do SNL da Mancomunidade


O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes acudiu hoxe a Frades a levar a cabo a súa xincana lingüística. Máis de 20 nenos e nenas competiron sorteando os obstáculos e formando nomes de deportes coas sílabas que conseguían, ademais de resolvendo xeroglíficos, crebacabezas, enigmas e adiviñas. Con esta actividade preténdese favorecer o uso da lingua galega nas actividades lúdicas, ademais de impulsar actitudes favorables cara ao seu uso nas novas xeracións. A derradeira parada da xincana terá lugar en Ordes a finais de agosto.