Unha trintena de mozos e mozas de entre 14 e 18 anos veñen de completar unha viaxe dunha semana a Salou e Benicarló, onde pasaron tres e catro días, respectivamente. Esta iniciativa, promovida polas OMIX de Boqueixón e Vedra, está incluída dentro do programa Acción de Verán’18. Do concello boqueixanés participaron un total de 22 rapaces e rapazas.
Os e as asistentes ao campamento Recreando tiveron a oportunidade de coñecer os lugares de interese de ambas as dúas localidades, ao tempo que puideron partillar coa mocidade da zona. O grupo foi recibido pola alcaldesa de Benicarló, Xaro Miralles, quen os animou a coñecer o seu territorio e a ser parte activa na construción do futuro.
Entre as actividades que se desenvolveron cómpre salientar varias visitas guiadas, así como unha completa xornada no parque de atraccións Port Aventura. Non faltaron tampouco as propostas deportivas a pé de praia.