A instalacións portuarias de Aguiño deron cabida esta tarde á presentación do equipo feminino do Club Remo Náutico de Riveira que está a disputar a Liga Galega de Traíñas
O seu presidente, Jesús Silva, resaltou a competitividade do equipo e manifestou que aspira a facer un bo papel na regata da Concha que se disputará a partir de finais de agosto en San Sebastián, onde espera voltar clasificarse para a final.
No acto estiveron presentes o alcalde Manuel Ruiz e o concelleiro de Deportes Anxo Orellán, ademais do patrón maior de Aguiño José Antonio Santamaría. Ruiz resaltou os éxitos que está a acadar este club pese á súa relativamente curta traxectoria e expresou o seu optimismo en poder dotalo dunhas instalacións máis acordes coas súas necesidades.