Andaina Pro Saúde Mental conta xa con medio de transporte propio. Trátase dunha nova furgoneta que se adicará ao traslado de usuarios e voluntarios nos seus traxectos, tanto para dirixirxe as súas sedes de Ordes e Dodro como para as excursións e visitas a puntos de interés. O novo vehículo está rotulado co logo da asociación, números de teléfono e o seu enderezo electrónico.
Deste xeito dase resposta a unha das necesidades máis acuciantes que presentaba a asociación, a do traslado tanto de voluntarios, usuarios e material. Para a súa adquisición Andaina Pro Saúde Mental contou coa colaboración da Deputación da Coruña, quen lle outorgou unha subvención que ascendeu a 8.000 euros.