Thursday 21 de November de 2024

Touro acomete a mellora da rede de abastecemento para incrementar a capacidade de captación de auga


O Concello de Touro está acometendo obras de mellora na rede de abastecemento de agua. Actualmente os traballadores municipais fan traballos para incrementar o tamaño do tubo que transporta a auga, dende a zona de captación, próxima ao río, ata Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. Os traballos son financiados polo Concello e tamén contan co asesoramento e axuda técnica da empresa Espina. A obras desenvolveranse durante as próximas semanas. A mellora do caudal, que inclúe a incorporación dun tubo de maior diámetro e que servirá para abastecer de auga o principal núcleo de poboación do Concello de Touro, será dun 20%. Estos traballos responden a o compromiso da Administración local de Touro para garantir a subministración de auga á poboación en calidade e cantidade. Esta actuación tamén supón unha mellora do servizo, e por conseguinte, un incremento da calidade de vida dos veciños do Concello de Touro.