Friday 22 de November de 2024

Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para realizar as obras de reforzo de firme en 5 estradas autonómicas da provincia da Coruña, cun orzamento de preto de 750.000 euros


Estas intervencións beneficiarán aos concellos Val do Dubra, Cerceda, Carballo, Santa Comba, Mazaricos, Negreira, A Baña e Cee

Un total de 14 empresas presentaron as súas ofertas para acometer as obras de reforzo de firme localizado nas estradas de titularidade autonómica na provincia da Coruña, AC-406, AC-413, AC-441, AC-546, AC-550, por preto de 750.000 euros.
Estas actuacións beneficiarán aos concellos de Val do Dubra, Cerceda, Carballo, Santa Comba, Mazaricos, Negreira, A Baña e Cee.
Os traballos a realizar centraranse na rehabilitación do firme, que se aplicarán a cada una das estradas en función das zonas que presenten algún tipo de desgaste. E na execución das mesmas inclúese a reposición da sinalización horizontal e vertical nos treitos nos que se actúa.
En concreto na estrada autonómica AC-406, no Concello Val do Dubra, realizaranse traballos entre o punto quilométrico 12+160, cruce con Portomouro (AC-455) e o punto quilómetrico 19+000 en Santa Comba (AC-400).
A intervención na AC-413, entre os concello de Cerdeda e Carballo, comprende actuación entre os puntos quilométrico 12+220,a 27+000. E na AC-441, nos concellos de Santa Comba e Mazaricos, intervirase nos puntos quilométricos 0 a 3+000.
No caso da estrada AC-546, concellos de Negreira, A Baña e Santa Comba, proponse actuar entre o punto quilométrico 0+510 e o 12+100.
Finalmente na AC-550 travesía de Cee executaranse os distintos traballos entre os puntos quilométricos 0+860 e 2+060.

Plan de reforzos de firmes
A consellería de Infraestruturas e Vivenda está a continuar co desenvolvemento do Plan de reforzos de firme, co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica e incrementar a seguridade viaria, proporcionando aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

O departamento de Infraestruturas da Xunta está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que van máis alá das tarefas ordinarias de conservación, complementándoas tamén con obras de conservación extraordinarias.