Friday 22 de November de 2024

Medio cento de persoas participaron na sesión de animación á lectura ofrecida por Manoele de Felisa


A Biblioteca Municipal de Boqueixón ofreceu onte pola tarde unha divertida actividade de animación á lectura. Medio cento de persoas, entre adultos e cativada, gozaron dunha sesión musical a cargo de Manoele de Felisa.

Durante a actividade, os máis pequenos e pequenas da casa gozaron coas distintas cancións –infantís e populares- que o autor interpretou durante a sesión, bailando ao son das mesmas cos seus pais e nais. Dende o Concello de Boqueixón agradeceron a boa acollida desta proposta e animan a seguir participando neste tipo de iniciativas.

A actividade promovida pola Biblioteca Municipal de Boqueixón inclúese dentro do programa Ler Conta Moito, da Secretaría Xeral de Cultura. O seu principal obxectivo é contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir.