Arredor de 200 persoas achegáronse onte á noite á Carballeira de Rodiño para disfrutaren dunha sesión de cine ao ar libre Cunha temperatura do máis agradable, cativos, cativas e adultos do municipio de Boqueixón gozaron da proxección do filme Pérez, o ratiño dos teus soños.
Esta actividade foi impulsada polo Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón, en colaboración coa Deputación da Coruña. O obxectivo da mesma é ofrecer unha velada de lecer diferente da man da séptima arte.