Sábados e domingos dende o 21 de xullo ao 26 de agosto poderase navegar pola ría de Arousa dende A Pobra do Caramiñal para divisar as bateas, embarcacións e a paisaxe.
O traxecto guiado será de 1 hora e 15 minutos, sairá en quendas de mañá e de tarde ás: 11:00, 13:00, 16:30, 18:00 e 19:30 h.
Os prezos por persoa son: 12€ por adulto, 8€ por cada neno menor de 12 anos e as familias con mais de un neno terán desconto.
A reserva e compra previa de tíckets debese realizar na oficina de turismo da Pobra do Caramiñal sita na Casa Mariñeira; No horario dende as 10:00 ás 14:00 h e dende as 17:00 ás 20:00 horas, domingos dende as 11:00 ás 14:00 h e das 17:00 ás 20:00 horas.
Tamén haberá viaxes en catamarán dende A Pobra:
– a illa de Ons o 22 de xullo, o custe é de 20€ cada adulto e menores de 11 anos de balde;
– a illa de Sálvora o 29 de xullo: o custe é de 18€ por adulto e menores de 11 anos de balde;
– as illas Ons o domingo 5 de agosto: o custe é de 20€ cada adulto e menores de 11 anos de balde;
– a illa de Sálvora o domingo 5 de agosto ao anoitecer “Ruta Starlight”: o custe é de 20 € cada adulto;
Deben anotarse escribindo ao e-mail: turismo@apobra.gal, na oficina de turismo da Pobra do Caramiñal ou chamando ao 671 090 262 ou ao 687 482 835.
Aproveito para enviarlle a cartelería do anuncio dos viaxes en veleiro, en catamarán, da programación da Festividade do Carme do Castelo e a programación da Semana do Mar que estamos celebrando.