Un total de 101 nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil Municipal, acompañados do seu profesorado e persoal auxiliar, está a visitar no transcurso desta mañá a Biblioteca de Riveira e máis o Centro Cultural Lustres Rivas.
Un primeiro grupo de 50 rapaces arribou á instalación situada na rúa Manuel Lustres Rivas ás 10 da mañá. Despois, repartidos en quendas de 25, visitaron dunha parte a Biblioteca (onde tiveron asistir ao espectáculo de contacontos por parte de Troskita e Colorín e Colorado) ou ben estiveron gozando dunha serie de proxeccións no salón de actos do Lustres Rivas.
Estaba previsto que ás 11.30 chegase outro novo grupo de medio centenar de rapaces.
Esta actividade ten o obxectivo de que os nenos e nenas melloren as súas capacidades para viaxar en grupo e coñeceren novos espazos.
Así mesmo, é unha magnífica presentación da Biblioteca como o espazo lúdico onde os sábados de maio e xuño poden vir escoitar contancontos, e tamén levar algunha lectura para que a súa mamá ou papá lle lean ao chegaren á casa.
Esta actividade enmárcase na programación educativa da Escola Infantil Municipal e conta coa colaboración da Biblioteca e o Servizo de Normalización Lingüística dependentes tamén da Concellería de Educación do Concello de Riveira.