Un total de quince veciñas de Frades veñen de iniciar un curso de costura de 24 horas de formación no que adquirirán coñecementos básicos sobre as diversas técnicas de confección e patronaxe. Unha acción formativa organizada polo Concello de Frades e que terá lugar os martes e venres deste mes de xullo no multiúsos fradense. Un curso que está a ser impartido pola empresa Servizos Integrais de Formación, que xa ten impartido con éxito cursos de cociña nas distintas parroquias do municipio.