Saturday 16 de November de 2024

370 patinadores e patinadoras de 15 equipos danse cita no IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show


A IV edición do Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show foi o máis destacado do calendario deportivo local nesta fin de semana. Durante toda a xornada do sábado o pavillón Castelao I estivo a rebordar de público e de patinadores e patinadoras. En total foron 370 de entre 6 e 17 anos integrantes dos equipos coruñeses e pontevedreses Xiramos, Oroso, Paiart-Coristanco, Boiro, Noia, Torres de Altamira, Axel-Arteixo, A Pobra, Ribeira, Brincadeira, Costa da Morte, Conxuro, Brión, Omega e Galia.

Finalmente a clasificación xeral quedou do seguinte xeito:

Categoría: Grupos de Primaria (6 a 12 anos)

Grupo Grande de Primaria (13 patinadores ou máis )
1º CP Conxuro de Laracha
2º CP Axel- Arteixo
3º CP Ribeira
Grupo Pequeno de Primaria (de 6 a 12 patinadores)
1º CP Axel- Arteixo
2º CP Oroso
3º CP Brión

Cuarteto Primaria
1º CP Axel- Arteixo
2º CP Brión
3º CP Oroso

Categoría: Grupos de Secundaria (de 13 a 20 anos)

Grupo Grande de Secundaria (13 patinadores ou máis )
1º CP Oroso
2º CP Xiramos (Vigo)
3º CP Brincadeira (A Coruña)

Grupo Pequeno de Secundaria (de 6 a 12 patinadores)
1º CP Axel – Arteixo
2º CP Brincadeira (A Coruña)
3º CP Ribeira

Cuarteto Secundaria
1º CP Conxoro de Laracha
2º CP Axel-Arteixo
3º CP Brincadeira (A Coruña)

Categoría: Xuvenil Nacional (1ª división)
1º CP Omega (Ames)
2º CP Galia- Ordes
3º CP Ribeira

Ana Soneira, concelleira da área de Deportes do Concello de Ordes, foi a persoa responsable de entregar os trofeos e as medallas aos primeiros clasificados e clasificadas.
Nesta ocasión o Club Patinaxe Galia, organizador da competición xunto coa Concellería de Deportes de Ordes, contou coa colaboración das seguintes firmas comerciais: papelería Tres Lápices, bar Rei de Copas, pizzería Zentrum, cafetería e centro de ocio infantil Feitizo, autocares Rogelio, café bar Susa, arranxos de costura Lola, imprenta Alpi, arquitectura e urbanismo Leandro del Río, froitería Agarimo, hamburguesería A Bolera e café bar Castro.
A cita tamén serviu de escusa para recadar alimentos non perecedoiros que serán doados a Cáritas Ordes.