O goberno local informou do remate das obras de mellora dos nos camiños camiños públicos de Os Currás (STA Mª Vigo), Lendoiro (Cambre), Bribes – Peiraio Brille (Andeiro), Acaroada (Cambre-Cela), Bandeboo (Brexo), e Lendoiro (Cecebre).
A obra está incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+2017” e contou cun cun orzamento de execución por contrata de 221.951,61 euros (IVE incluído), e finalmente adxudicado por 136.655 euros.
As obras consistiron na renovación dos firmes coa nivelación extensión e compactación das zonas que na actualidade non están pavimentados de máis de cinco quilómetros de estradas pública.
Levouse a cabo a apertura e limpeza de camiños e cunetas, o lavado do firme, a extensión de aglomerado, fresado en algúns casos, incluso a regularización, recrecido de pozos, sumidoiros, arquetas, potes e bocas.