O Viveiro de Empresas de Riveira vai albergar entre o 17 de xullo e o 7 de setembro un Taller de Xestión e Produción de Festivais Musicais.
Promovido pola Fundación Paideia e Asociación Deloa coa colaboración do Concello de Riveira, este programa formativo de carácter gratuíto está orientado a mozos e mozas desempregados de entre 16 e 29 anos residentes en Galicia e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Concíbese como un programa de formación socio-ocupacional para aqueles mozos e mozas que queiran iniciarse na industria musical emprendendo ou dinamizando local ou comarcalmente a súa área de residencia.
No transcurso do taller abordaranse temas como emprendemento musical, produción artística, promoción, contidos musicais e culturais, montaxes de escenario e rider técnico. Incluirá visitas a festivais tales como Atlantic Fest, Vive Nigrán, O Marisquiño, Revenidas e Festival de la Luz.
Inscricións
Máis información e inscricións online: https://www.paideia.es/taller-gestion-y-produccion-festivales/ (tamén chamando a 223 927 – 981 817 000).