Ante as reiterados episodios de augas turbias na rede de abastecemento advertidos pola veciñanza en diferentes partes do Concello de Cambre ou goberno local pediulle un informe á Emalcsa, responsable da xestión do sistema de abastecemento do Concello da Coruña e da subministración á súa área metropolitana. Emalsa, no seu informe detalla que o abastecemento, dependente da auga procedente do encoro de Cecebre, caracterízase pola alta calidade da auga de orixe, cunha moi baixa mineralización, é dicir, moi baixa presenza de substancias disoltas, que leva aparellada tamén unha alta sensibilidade a perturbacións.
O informe conclúe que, a pesar da molestia obxectiva que cada un destes fenómenos supón para os usuarios afectados, estes en xeral non supoñen ningún risco e, en canto á súa duración, normalmente son moi breves. Aseguran que este non é un problema exclusivo do sistema de abastecemento de EMALCSA, se non que se produce de maneira xeral en en sistemas de abastecemento de todo o mundo. Sinalan como unha das posibles causas á película que se deposita nas paredes internas das tubaxes é a causante dos episodios de turbidez, e está formada por substancias presentes na auga potable.
As perturbacións ás que fai referencia poden ser de varios tipos; algunhas ordinarias (cambio na velocidade da auga nas tubaxes cando, por exemplo decae a demanda polas noites, ou se incrementa durante a época estival con regas, enchido de piscinas, etc.), cando se producen avarías, ou cando se realizan manobras de mantemento en puntos da rede. “Aínda que coñecemos a natureza dos procesos que operan cando se produce un episodio de turbidez na auga, non podemos predicir cando vai ter lugar outro, ou onde se vai a producir”. A auga sempre sae da ETAP, con niveis de turbidez menores de 0,1 NTU (escala de medición da turbidez que, na lexislación española, permite distribuír auga ata con 5 NTU), o que é unha auga absolutamente transparente.
Os procesos de potabilización garanten ese valor en saída de planta e é no transcurso do transporte onde, polos motivos expostos anteriormente, prodúcese de forma moi ocasional a turbidez que detectamos nas nosas billas. Os técnicos, apoiados pola UDC e agora tamén no contexto da Cátedra EMALCSA-UDC, levan tempo analizando este fenómeno para tratar de minimizar estes episodios illados. Con todo, ao tratarse dun fenómeno puntal no tempo, cuxo efecto desaparece rapidamente, e que a priori non supón un risco para a saúde, non se atopou documentación que estude este fenómeno en profundidade, analizando as medidas para tomar para evitalo ou minimizalo.
Puxéronse en marcha tres liñas de investigación para analizar este fenómeno e tratar de buscar solucións ao mesmo: Análise da redución da concentración de determinadas substancias na auga, con valores máis esixentes que os indicados na normativa sanitaria. A análise das características asociadas aos elementos de condución e funcionamento hidráulico dos sistemas de subministración. E a análise dos sistemas de desinfección final á saída de planta de potabilización. Outro aspecto que se pretende estudar é o efecto que ten sobre a aparición de depósitos nas paredes internas das tubaxes, o emprego como desinfectante final de dióxido de cloro, en lugar de cloro gas. Para iso, instalarase un equipo de xeración e dosificación de ClO2 na cámara de chaves dun depósito, establecendo na rede que depende do mesmo e carece de consumo asociado a clientes, unha serie de puntos