O Museo do Traxe acollerá ata o vindeiro martes, 10 de xullo, a exposición de pintura dos cursos organizados polo Concello de Ordes. Durante toda a semana quen o desexe poderá contemplar de balde as arredor de 200 obras realizadas polo alumnado durante este último curso. Entre as moitísimas persoas que acudiron na tardiña de onte martes á inauguración da dita mostra non faltou o concelleiro de Cultura, Xosé Manuel Mira.