Thursday 21 de November de 2024

Preto de 80 cativos e cativas de Boqueixón e Vedra iniciaron os seus campamentos da Acción de Verán’18


Preto de 80 cativos e cativas dos municipios de Boqueixón e Vedra iniciaron esta semana os campamentos da Acción de Verán’18. O grupo partíu o domingo de Lestedo cara as instalacións de O Terrón, en Vilanova de Arousa, onde gozarán de actividades ata o 8 de xullo.

Os nenos e nenas participantes dividíronse en dous grupos. Un total de 60 rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos (sección infantil) alóxanse en apartamentos, mentras que os 17 restantes, con idades comprendidas entre os 13 a 16 anos (sección xuvenil), farán descansarán en bungalows.

A terceira das iniciativas da Acción de Verán’18, organizada de xeito conxunto polos concellos boqueixanés e vedrés, é o campamento Recreando. Este comprenderá unha viaxe de 7 días con estancias en Salou e Benicarló.