Friday 22 de November de 2024

100 veciños e veciñas de Touro visitan Vilanova de Cerveira e Baiona


O Concello de Touro organiza excursións á Costa da Morte, ao balneario de Cuntis e a Salamanca

Un nutrido grupo de casi 100 veciños e veciñas de Touro visitaron Vilanova de Cerveira e Baiona o pasado sábado, 28 de xuño, nunha excursión organizada polo Concello. Os viaxeiros, que saíron de Touro a primeira hora da mañán, coñeceron Vilanova de Cerveira. Na cidade fronteiriza visitaron a feira que todos os sábados se celebra na cidade portuguesa, onde poideron facer algunha compra. Na localidade lusa comeron e despois, xa pola tarde, visitaron a localidade de Baiona, onde poideron pasear polas súas rúas. Non choveu en ningún momento da excursión, da que veciños e veciñas quedaron encantados. O Concello de Touro organiza para as próximas datas novas saídas. O 28 de xullo está prevista unha excursión á Costa da Morte. Poderán apuntarse todos os veciños interesados e menores acompañados dun adulto. As inscripcións poden facerse ata o 13 de xullo no departamento de Cultura ou no teléfono: 981.514566. Asimesmo para setembro está programada unha saída ao balneario de Cuntis. Será o 7 de setembro e os interesados poderán disfrutar dun circuito lúdico-termal de duas horas de duración no Balneario de Cuntis. O prazo para apuntarse remata o 21 de agosto. E deberá facerse no Departamento de Cultura ou no teléfono: 981.814566. O prezo: 14 euros por persoa. O bus sairá do Concello de Touro ás 15.00 horas. Tamén está prevista unha excursión a Salamanca. Os veciños e veciñas que queiran poderán coñecer a histórica cidade: Praza Maior, Casa das Cunchas, Universidade, Catedrais, rúas e prazas. Será o 29 e 30 de setembro. Na volta da viaxe tamén se poderá coñecer Zamora e a súa catedral. O prezo: 90 euros por persoa en habitación doble. Os interesados poden apuntarse nos mesmos teléfonos ata o 14 de setembro.