O Museo do Traxe acollerá dende mañá martes, 3 de xullo, e durante unha semana a mostra dos alumnos e alumnas que participan nas clases de pintura organizadas polo Concello de Ordes. En total exporán a súa obra arredor de 200 veciños e veciñas de todas as idades. A inauguración terá lugar a partir das 20.30 horas e a ela poderán acudir todas as persoas que o desexen.