Máis dun cento de alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de distintas idades participaron esta mañá no concerto de fin de curso. Cada unha e un deles ocupou o seu espazo sobre o escenario do auditorio da Casa da Cultura, ben para cantar, bailar ou interpretar co seu instrumentos pezas que foron ben aplaudidas polo público asistente. No patio de butacas, completamente cheo por amigos e familiares dos protagonistas do acto, estivo tamén o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo.