A Oficina de Emprego do Concello de Ordes anuncia a convocatoria dos seguintes cursos de formación por parte do Concello de Santiago ao longo do mes de xullo:
• Xestión de residuos urbanos e industriais. (470 horas, incluíndo 120 horas de prácticas non laborais en empresas).
• Operación de estacións de tratamento de augas. (600 horas, incluíndo 80 horas de prácticas non laborais en empresas).
• Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos. (540 horas, incluíndo 120 horas de prácticas non laborais en empresas).
As persoas participantes poderán optar a unha bolsa de 350€ mensuais, máis axuda para o transporte diario. Entre os requisitos a cumprir para poder formar parte do alumnado están os de ser maiores de 16 e menos de 30 anos, estar inscritas como demandantes de emprego e no Sistema de Garantía Xuvenil, ter como mínimo a titulación en Educación Secundaria Obligatoria (ESO) ou equivalente.
Tanto o proceso de selección de candidatos e candidatas como o inicio dos cursos terán lugar no mes de xullo. A inscrición deberase realizar a través do enlace: http://axencialocaldecolocacion.org/formacion. Tamén se pode contactar co persoal técnico da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago no teléfono 981 543 060, ou ben a través do correo electrónico: axencialocaldecolocacion@santiagodecompostela.gal.