Friday 22 de November de 2024

O Concello instala tres minipuntos limpos en Ordes e no Mesón do Vento


O Concello de Ordes mantense fiel á súa política medioambiental. Tanto a vila de Ordes como o núcleo do Mesón do Vento contan dende onte con tres novos minipuntos limpos. Concretamente quedaron instalados na alameda do Soldado Lois e no Campo da Feira (Ordes), así como no Campo da Feira do Mesón do Vento, localizacións todas elas escollidas dado o tránsito de peóns destes lugares.

Grazas a estes minipuntos facilítaselle á veciñanza o correcto depósito de ata sete modalidades distintas de residuos para a súa correcta reciclaxe: pilas convencionais, alcalinas, de petaca e de botón; teléfonos móbiles e baterías; CDs e DVDs; cartuchos de impresora de inxección; ademais de lámpadas de baixo consumo e residuos eléctricos ou electrónicos. Deste xeito complétase o amplo abano de contedores de reciclaxe espallados por todo o termo municipal, e moi especialmente polos principais núcleos urbanos, os cales abranguen contedores para plásticos, envases e bricks; papel e cartón, vidro, orgánicos, roupa e aceite usado.