Clausurouse o Dépor Campus. Nesta segunda edición, a cal se desenvolveu nas instalacións deportivas de Vista Alegre, en Ordes, contouse coa participación de preto de 40 participantes con idades entre os 6 e os 14. anos. Á entrega de diplomas asistiron a concelleira de Deportes de Ordes, Ana Soneira, ademais do recentemente nomeado presidente da S.D. Club Órdenes, Toño vázquez. No campus, organizado polo R.C. Deportivo da Coruña en colaboración coa Mancomunidade de Ordes, aplicouse ao longo das últimas semanas o chamado método Dépor.,Grazas a isto os xogadores aprenderon habilidades e conceptos en relación co corpo, co balón e co opoñente (1×1) e aspectos coordinativos. Tamén se incidiu nos valores que representa o club en ralación co respecto, a solidariedade, a amizade, o xogo limpo, a integración, o esforzo e a felicidade.