Friday 22 de November de 2024

Riveira albergará un curso de informática para mulleres


As interesadas poden inscribirse ata o luns no CIM

No marco da rede Emprende en Igualdade, a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta está a levar a cabo por segundo ano consecutivo unhas xornadas formativas gratuítas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino.

Os cursos serán impartidos na Aula CeMIT de Riveira a partir do luns 1 de decembro polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) coa seguinte temática:

a) Iniciación a Internet e Redes sociais
b) Novas tecnoloxías e emprendemento
c) Novas tecnoloxías e búsqueda de emprego
d) Redes e transposición de experiencias
e) Perspectiva de xénero

• Datas: 1, 3, 4, 9 e 10 de decembro de 2014
• Lugar: Aula CeMIT do Concello de Riveira
• Horario: 17.00 a 21.00 horas
• Nº máximo de participantes: 20-25

As mulleres interesadas deberán inscribirse ata o luns no Centro de Información á Muller de Riveira. Tf. 981874131-981873409, ou a través de correo electrónico cim@riveira.com, enviando os seguintes datos: nome, apellidos, enderezo, teléfono, idade, situación laboral, correo electrónico.