O Concello de Touro vivirá o próximo domingo, 24 de xuño, o seu xa tradicional Día do Neno. Será na Praza do Luar, zona onde está ubicada a Casa da Cultura, piscina municipal e a zona de servizos. O Concello de Touro, de 16.30 a 20.00 horas, e para que disfruten todos os pequenos, instalará un parque infantil con inchables. A piscina estará a disposición dos nenos e nenas que queiran asistir á festa para refrescarse e divertirse.
O tren turístico comenzará o seu percorrido ás 12.00 horas. Sobre as 19.30 horas, e para despedir a xornada de diversión está programada a actuación espectáculo de Ghop Teatro ao Cubo. O domingo a diversión está garantida en Touro.