Será ás 20.30 horas e participarán a propia autora, Mari Carmen Caramés Gorgal, e o escritor e xornalista Ramón Vilar, entre outros
Venres, 22 de xuño, a biblioteca municipal de Ordes acollerá a presentación do libro ‘A madriña’, de edicións Fervenza. O acto, aberto a todas as persoas interesadas, terá lugar ás 20.30 horas e contará coa participación da concelleira de Educación de Ordes, Susana García; Ramón Vilar Landeira, escritor e xornalista; Armando Requeixo, escritor e investigador; Xosé Manuel Lobato, profesor e investigador; e da propia autora da obra, Mari Carmen Caramés Gorgal.
‘A Madriña’ narra os vínculos dunha neta (Tareixa) coa súa avoa (Lola) nada a comezos de século. Unha andaina polos distintos conceptos e interpretacións do papel da muller ao longo do século XX e das súas problemáticas, algunhas das cales aínda seguen vixentes na actualidade. Todo isto enmarcado nun ambiente ordense e rural, como son as aldeas de Mercurín e Merelle principalmente.