A sala municipal de exposicións de Brión acolle venres 22 de xuño, ás 18:00 horas, o espectáculo “De trebellos, perellos e fedellos”, da compañía Os Monicreques de Kukas. Un espectáculo duns 60 minutos de duración e dirixido especialmente a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. A entrada é libre e de balde.
Esta actividade está organizada polo Concello de Brión e conta co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. O espectáculo é unha posta en escena de varios poemas do libro “De trebellos, perellos e fedellos”, no que Os Monicreques de Kukas apoiaranse en recursos artísticos como a pintura en directo, obxectos e monifates.