Saturday 16 de November de 2024

Medio ambiente apela á celebrar un San Xoán sostible fomentando a reciclaxe de vidro


A Consellería e Ecovidrio organizan unha nova edición desta acción de concienciación en seis praias da Cidade herculina, tras o éxito recollido en anteriores edicións
A Xunta de Galicia busca a colaboración e a complicidade dos asistentes á Festa de San Xoán, unha festa declara de interese turístico internacional, para facer este evento sostible, a través da reciclaxe de vidro.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración con Ecoembes, organizan unha nova edición de eventos festivos para concienciar aos galegos na necesidade de reciclar e manter condutas respectuosas co medio ambiente, tras o éxito recollido en anteriores edicións.

Os obxectivos deste tipo de accións son son protexer a biodiversiade e os recursos hídricos, aéreos e solo; sensibilizar aos participantes e evitar a produción de residuos e reutilizar ou reciclar os residuos xerados.

Para acadar este obxectivo, na noite do sábado porase en marcha a acción Rasca e gaña con Ecovidrio, de tal xeito que as persoas que depositen un quilo de vidro nos 15 iglús que se ubicarán nos distintos areais da Coruña (Riazor, Orzán Matadero, As Lapas, San Amaro e Oza) poderán obter un miles de premios que se repartirán esa noite, como 3.000 entradas gratuítas ao Aquapark de Cerceda, bicicletas, miniiglús e material de merchandising.

Con esta acción, Ecovidrio e Medio Ambiente, esperan poder recoller 12.000 quilos, cantidade á que hai que sumar todo o vidro que se deposite nos que están colocados permanentemente na contorna das praias polo que se poderían acadar os 20.000 quilos (20 toneladas).

Dende Medio Ambiente recórdase que este festa deixa cada ano nas praias da Coruña cun cento de toneladas de lixo e unha imaxe pouco desexable, sobre todo tendo en conta que se trata dunha Festa de Interese Turístico Internacional.

Verdear é a actitude
A Consellería de Medio Ambiente presentou a iniciativa, Verdear é a actitude, coa que se pretende mellorar o comportamento ambiental dos galegos convertendo os seus xestos e esforzos en hábitos e costumes sustentables e que -a súa vez- sexan unha resposta á mitigación dos efectos do cambio climático.

Verdear é unha marca para facilitar a difusión de accións de concienciación medioambiental co mesmo fin e cuxa metodoloxía de traballo se centrará en elaborar Manuais de boas prácticas ambientais para cada un dos sectores, contactar cos principais axentes para difundir a mensaxe e dar apoio na posta en marcha de accións encamiñadas a implantar boas prácticas ambientais no sector.

Un dos focos de atención desta iniciativa son os eventos sustentables. O obxectivo é integrar a filosofía da sustentabilidade na planificación e organización deste tipo de eventos de gran proxección en Galicia, cos que se implantarán hábitos de produción e consumo responsables, tanto das empresas implicadas como de patrocinadores, voluntarios e público.

Con este tipo de accións minimízanse os impactos sobre a xestión dos residuos. Dado que se tratan de eventos que xeran grandes cantidades de residuos (plásticos, vidro, papel, materia orgánica, aceites…) inclúense medidas destinadas a fomentar a prevención, reutilización e separación; o aforro dos recursos, con medidas como o aproveitamento das horas de luz e os espazos abertos; o acceso a pe, en bicicleta ou o coche compartido, para reducir as emisións de CO2; así como apostar por alimentos de produción local.