Unha vez máis a deportista Lara López sobresaiu nunha competición de salvamento e socorrismo. Concretamente foi esta fin de semana na praia de Laxe, onde se disputou o Campionato Galego Xuvenil de Salvamento e Socorrismo de Verán.
Na dita proba a nadadora ordense subiu ata en sete ocasións ao podio. Concretamente acadou medallas de ouro nas probas de Bandeiras, Sprint Praia, Relevo de Sprint Praia e Rescate con Tubo. As pratas chegaron tras as competicións de Rescate con Tubo, Táboa de Salvamento, Rescate con Táboa de Salvamento e Relevo de Ocean.
Froito desta actuación destacada Lara López acadou o título de Mellor Deportista Feminina Xuvenil do Campionato.