Thursday 21 de November de 2024

Un partido entre a SD Ponte Carreira e un equipo de veteranos serviu para reinaugurar o campo municipal de fútbol da Chousa (Frades)


Un partido entre a SD Ponte Carreira e un equipo de veteranos serviu este domingo para que o campo municipal de fútbol da Chousa (Ponte Carreira) volvera abrir as súas portas tras unha profunda remodelación acometida polo Concello de Frades. Unhas obras que supuxeron un investimento de case 40.000 euros na instalación dun céspede novo, na reparación do sistema de rego automático, a mellora do subministro eléctrico nos vestiarios e o acondicionamento dos accesos á instalación.

Un acto no que participaron o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Deportes, Miguel Prado Cea. Despois do encontro, a SD Ponte Carreira celebrou a súa tradicional Churrascada de Fin de Temporada, na que participaron preto dun centenar de persoas.