Friday 22 de November de 2024

José Dafonte entrega os libros do concurso ‘Rosalía verso a verso’ no CPI Viaño Pequeno


Máis de vinte nenos e nenas de terceiro de primaria do CPI Viaño Pequeno (Trazo) recibiron hoxe de mans do alcalde José Dafonte un lote de libros pola súa participación no concurso ‘Rosalía verso a verso’. Organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes o concurso desenvolveuse a través da rede social Facebook do ente supramunicipal. As persoas interesadas aínda están a tempo de ver e desfrutar coas videocreacións realizadas polos escolares da comarca en base á obra da poeta galega.

A día de hoxe tan só queda pendente o CPI de Xanceda (Mesía) por recibir o seu lote de libros, cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.