Friday 22 de November de 2024

O Trofeo de F-8 Concello de Touro, para Futsal Boqueixón en alevíns e para EF Silleda en prebenxamíns


O Trofeo de F-8 Concello de Touro disputado o pasado fin de semana foi para o Futsal Boqueixón na categoría alevín, que cumpliu a su XI edición, e para o EF Silleda na categoría prebenxamín, na súa II edición. O campo de fútbol municipal de Loxo viviu durante todo o pasado sábado unha intensa xornada de deporte. O soleado día axudou a que se achegaran amantes do deporte do balón. No XI Torneo F-8 Alevín Concello de Touro e no I Torneo F-8 Prebenxamín Concello de Touro, organizado pola Sociedade Deportiva Touro, participaron máis de 100 rapaces e rapazas.

A final da categoría alevín disputáronna o equipo do Futsal Boqueixón e a SD O Pino. Venceu o Futsal Boqueixón por 4-2. O terceiro posto foi a EF Silleda, que venceu ao Melide para facerse coa terceira praza. O partido rematou 5-1.

Pola súa banda, a final da categoría prebenxamín disputouse entre Val do Ulla e EF Silleda. Gañou o EF Silleda por un 2-0. O terceiro posto logrouno o Touro, que gañou ao equipo de Cruces na disputa pola terceira praza do torneo. O resultado: 5-0.

Durante toda a xornada do pasado sábado disputáronse encontros. A entrega de premios, ao final do torneo, estivo presidida polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido, e pola concelleira de Deportes, Adela Iglesias, e por membros da directiva do SD Touro.

A SD Touro agradeceu a presencia de todos os equipos participantes no torneo que xa é unha referencia na comarca de Santiago e tamén ao Concello de Touro polo seu apoio. “Sen eles todo isto non sería posible”, afirman dende a SD Touro, que para o próximo ano programará unha nova edición.