Friday 22 de November de 2024

Máis de 500 veciños participaron no Día da Bici


Máis de 500 veciños disfrutaron esta mañá dunha soleada Día da Bici que percorreu un circuíto de 9,5 kilómetros polas rúas da cidade.

Os inscritos saíron puntuais da praza de España para realizar un circuíto de dificultade baixa- A proba estivo organizada pola concellería de Deportes en colaboración co Club Ciclista Tahume e asistencia de Policía Local e Protección Civil.

Unha vez de volta á praza de España (onde os máis pequenos tiveron oportunidade de participar nunha xincana en tanto no regresaba o pelotón) houbo un avituallamento e a continuación un sorteo de agasallos, entre os que s e inclúe diverso material deportivo doado por casas comerciais do municipio e dúas bicicletas por cortesía de Sportbike, que foron para Yeray Mariño Gómez e Algeni José Félix Rodríguez.