Friday 22 de November de 2024

A Casa da Cultura de Lousame acolle mañá sábado unha charla sobre axudas e programas para mozos e mozas


A Casa da Cultura de Lousame acolle mañá sábado 16 de xuño, ás 12:00 horas, unha charla sobre axudas e programas para mozos e mozas. Unha charla que será impartida por Fernando Rodríguez, técnico especialista en temas de mocidade da Rede Galega de Dinamización, que estará acompañado por José Manuel Outeiral, técnico de Voluntariado do Concello de Lousame. A asistencia é totalmente libre e de balde.

A charla está especialmente dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, xa que se falaran dos programas de Iniciativa Xove, Galeuropa, Xuventude Crea, Corpo Europeo de Solidariedade e dos programas de voluntariado do Concello de Lousame e de voluntariado europeo. Unha iniciativa organizada polo Concello de Lousame en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.