Saturday 16 de November de 2024

Nova entrega dos agasallos de ‘Rosalía verso a verso’


O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes continúa entregando lotes de libros aos colexios da comarca participantes no concurso ‘Rosalía verso a verso’. Foi a quenda para o CPI Ponte Carreira (Frades), onde un cento de nenos e nenas de educación infantil e primaria tamén viviron a sorpresa de recibir de mans do alcalde do municipio, Roberto Rey, un agasallo. Ademais, o rexedor informou de primeira man sobre a próxima apertura da piscina municipal. Felicitounos a todos e a todas polo vídeo realizado e agradeceulles a súa colaboración con esta iniciativa. Unha consideración que se estendeu tamén ao profesorado alí presente.

Outros dos colexios que tamén recibirán nos vindeiros días o seu lote de libros, cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, son o CPI Xanceda (Mesía) e o CPI Viaño Pequeno (Trazo), despois de que xa os recolleran o CEIP Celso Emilio Ferreiro (Cerceda), CPI Ponte Carreira (Frades) e o CEIP ADR Castelao (Ordes).