O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes continúa coa entrega dos premios do concurso ‘Rosalía verso a verso’. O segundo colexio en recibir o seu lote de libros foi o CEIP Celso Emilio Ferreiro, situado na localidade da Silva, no municipio de Cerceda. Francisco Boquete, concelleiro de Sanidade de Cerceda, participou na entrega, a cal se efectuou na aula de sexto de primaria. Os oito alumnos e alumnas foron os verdadeiros protagonistas do vídeo baseado na obra da poeta galega, realizado para ser visualizado en Facebook. Este certame ten como principal obxectivo o emprego da lingua galega por parte das xeracións máis novas.