Borja Castro Hermida, do Club Atletismo Santiago, fíxose o sábado, día 9 de xuño, coa VI Carreira Pedestre Popular Concello de Touro, dun percorrido de dez kilómetros. Foi o campión masculino na categoría absoluta, cun tempo de 36.56. O segundo posto ocupouno Alexandre Fernández Tojo; do Clube Atletismo Tambre Bike & Running (37.41); e o terceiro foi Jesús Rendo Pérez, que participou sen clube e que marcou un tempo de 37.49. Na categoría femenina a primeira corredora en chegar a meta foi Inma Ferradas Toxo, cun tempo de 53.03.
Máis de 200 corredores participaron o pasado sábado na VI Carreira Pedestre Popular Concello de Touro. A capital do Concello de Touro, nun día con chuvia, atraíu a afeccionados ao running de toda a comarca de Santiago. A proba comenzou puntual. Arredor das 18.45 horas horas os organizadores deron a saída oficial. A proba na categoría absoluta constaba de dez kilómetros e discurriu por diferentes puntos do Concello de Touro, fundamentalmente no núcleo urbano de Fonte Díaz. Moitos afeccionados animaron aos participantes, a pesar da insistente chuvia que caeu durante casi todo o percorrido
Trala proba absoluta sucedéronse as carreiras das demáis categorías. A organización, que ofreceu unha camiseta a todos os participantes, entregou os trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. También tiveron premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta. A entrega de premios, que estivo a cargo do alcalde da localidade, Ignacio Codesido, e da concelleira de Deportes, Adela Iglesias, foi a eso das 21.00 horas, diante da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz. Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participaron a Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa. O alcalde de Touro agradeceu a todos os atletas a participación nesta proba que xa se consolida como unha cita clásica nas probas pedestres da comarca de Santiago. Animou tamén aos participantes a apuntarse na proba do 2019.