Friday 22 de November de 2024

Carlos Negreira asegura que o porto exterior é o resultado dun firme compromiso coa seguridade, o medio, o futuro industrial e a cidade


O alcalde da Coruña asistiu á presentación das novas instalacións de Punta Langosteira e primeira pedra do contradique

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, asegurou esta tarde que o porto exterior de Punta Langosteira é o resultado dun firme compromiso coa seguridade, o medio, o futuro industrial e a cidade. Así o afirmou na presentación das novas instalacións portuarias de Punta Langosteira e primeira pedra do contradique. Un acto ao que asistiron, entre outros, a ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo.
Carlos Negreira destacou que esta infraestrutura é un compromiso firme e decidido de toda a área metropolitana, da comunidade portuaria e de todas as institucións implicadas: “Con todas as ameazas que sufriu, sen esa firme vontade este porto non sería unha realidade como o está a ser. Grazas a todos os que estiveron, están e estarán por esa aposta decidida e esencial, non só para ACoruña e a bisbarra, senón para toda Galicia”, subliñou.
O alcalde tamén destacou que este proxecto é un compromiso coa seguridade e o medio: “Grazas a este porto imos poder sacar o petróleo da ría”, asegurou e continuou: “Ademais, grazas a este porto exterior e ao investimento da refinaría podemos falar xa do vello oleoduto que deixaremos de ter baixo a cidade”. Neste sentido, referiuse, tamén, ao compromiso industrial, xa que mentres no resto de Europa se están a pechar refinarías, aquí se pon en marcha un investimento de 125 millóns de euros. O alcaldeinsitió en que esta infraestrutura portuaria reforzará o eixe industrial A Coruña-Arteixo-Carballo coa ” e ” cara a Cerceda.
“E por último, é unha mostra do compromiso coa cidade da Coruñapara que poidamos renovar a fachada marítima e contar cun novo entendemento entre cidade e porto, sinalou.
O alcalde finalizou a súa intervención agradecendo tanto ao presidente da Xunta coma á ministra de Fomento a súa aposta polaCoruña e a capacidade de diálogo e cooperación entre as distintas institucións. “Ana Pastor nunca nos falla, actúa por terra, como coa Terceira Rolda, por mar, con este porto exterior, e por aire, coa ampliación da pista de Alvedro que espero que sexa unha realidade no primeiro trimestre de 2015”, asegurou e puxo de relevo as solucións para dous temas que levaba sen resolver tempo: as conexións ferroviarias e por estrada con Punta Langosteira.