Saturday 16 de November de 2024

O permiso municipal para acender unha cacharela de San Xoán poderá tramitarse no Concello de Noia ata o 21 de xuño


O Concello de Noia vén de publicar un bando informativo sobre as cacharelas de San Xoán, que prohibe acendelas nas praias e nas rúas da vila (salvo que se fagan sobre unha chapa metálica). O permiso municipal para acender as cacharelas deberá solicitarse no Rexistro Xeral do Concello antes das 13:30 horas do xoves 21 de xuño, para o que será preciso achegar fotocopia do DNI.

O Concello de Noia informa de que as cacharelas deberán cumprir cunhas normas de seguridade como non exceder dos 6 metros de altura e non estar acendidas a menos de 50 metros das árbores. Así mesmo, deberase ter a man mangueiras de auga ou calquera outro material para extinción do lume. Ao remate das cacharelas deberanse recoller todos os restos e deixar a zona limpa e acondicionada, sendo responsable a persoa que solicitara o permiso municipal.