Friday 22 de November de 2024

Guindibó honra a Santo Antonio


Un ano máis os veciños e veciñas de Guindibó non deixaron pasar por alto a festividade do Santo Antonio. Tras a misa solemne e a procesión coa imaxen do santo pola carballeira do lugar, chegou o momento da festa e do baile. Este ano a música corre a cargo da orquestra Huracán, que volverá a subir ao escenario a partir das 21.30 horas. Por suposto non faltaron os postos con bebidas e nos que poder saborear un bo polbo á feira. Os concelleiros Xosé Manuel Rodríguez e Xosé Manuel Mira foron dos que se achegaron ata este lugar da parroquia de Santa Cruz de Montaos para desfrutar desta xornada cos veciños e veciñas.